Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Venres, 13 de marzo de 2020 Páx. 16340

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 2 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se lle notifica á persoa interesada a resolución ditada no expediente PR905A 2019/909.

Intentada a notificación persoal da resolución a través do servizo de Correos no domicilio que consta no correspondente expediente, esta non puido efectuarse. Por este motivo, e de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas á persoa interesada.

A persoa interesada poderá coñecer o texto íntegro da resolución na dependencias da Secretaría Xeral da Emigración, praza de Mazarelos, número 15, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Contra a resolución, que pon fin á vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015 xa citada, e na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2020

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración

ANEXO

Expediente: PR905A 2019/909.

Interesado/a: 78158272V.

Acto notificado: Resolución do 18 de decembro de 2019 pola que se lle denega unha axuda extraordinaria ao abeiro da Resolución do 27 de decembro de 2018, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2019.