Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Xoves, 12 de marzo de 2020 Páx. 15964

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2020 pola que se sinalan as datas para o levantamento de actas previas á ocupación e de ocupación definitiva dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto de implantación dos plans de emerxencia das presas de Caldas de Reis, Eiras, Baiona e O Con (clave OH.136.1115).

O 21 de xullo de 2018, a Dirección de Augas de Galicia aprobou técnica e definitivamente o proxecto construtivo para a implantación dos plans de emerxencia das presas de Caldas de Reis, Eiras, Baiona e O Con (clave OH.136.1115), financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder).

As ditas obras enmárcanse na medida ES014.05.0012.00. Redacción e implantación de plans de emerxencia en presas, incluída no programa de medidas do Plan hidrolóxico da demarcación hidrográfica Galicia-Costa, aprobado polo Real decreto 11/2016, do 8 de xaneiro, polo que, de conformidade co disposto no artigo 28 da Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia, as ditas obras hidráulicas son de interese da Comunidade Autónoma de Galicia.

O 24.9.2019 publicouse o Decreto 110/2019, do 5 de setembro, polo que se declara a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto de implantación dos plans de emerxencia das presas de Caldas de Reis, Eiras, Baiona e O Con (clave OH.136.1115). En consecuencia, o procedemento expropiatorio réxese conforme o establecido no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e concordantes do seu regulamento, aprobado polo Decreto do 26 de abril de 1957.

Consonte o anterior e en virtude das atribucións conferidas, facendo uso das facultades outorgadas pola Lei de expropiación forzosa e atendendo ao sinalado nas regras 2ª e 3ª do seu artigo 52,

RESOLVO:

Convocar as persoas titulares dos bens e/ou dereitos afectados polo procedemento expropiatorio derivado da execución das obras do proxecto de implantación dos plans de emerxencia das presas de Caldas de Reis, Eiras, Baiona e O Con, conforme se lles notificará nas correspondentes cédulas individuais e mediante anuncios no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e nos diarios Faro de Vigo, Diario de Pontevedra, Diario de Arousa e La Voz de Galicia para que, sen prexuízo de se trasladaren ao lugar dos terreos, se se considerase necesario, asistan ao levantamento das correspondentes actas previas á ocupación e de ocupación definitivas no lugar, data e horas que a continuación se indican:

– Baiona:

Lugar: Auditorio Multiusos Ángel Bedriñana.

Rúa Carabela La Pinta, 11 baixo.

Data: 14 de abril de 2020.

Hora: 11.00.

– Soutomaior:

Lugar: Concello de Soutomaior.

Rúa Alexandre Bóveda, 8.

Data: 16 de abril de 2020.

Hora: 11.00.

– Vilagarcía de Arousa:

Lugar: salón de plenos do Concello de Vilagarcía de Arousa.

Praza Ravella, 1.

Data: 21 de abril de 2020.

Hora: 11.00.

– Caldas de Reis:

Lugar: salón de sesións do Concello de Caldas de Reis.

Rúa Ferrería, 1.

Data: 23 de abril de 2020.

Hora: 11.00.

Para estes efectos, indícase que, levantada a acta previa á ocupación, ofreceráselles ás persoas afectadas a percepción do importe correspondente ao depósito previo á ocupación e, de ser o caso, aos prexuízos pola rápida ocupación. No suposto de que se renuncie á percepción de tal contía ou nos casos de non comparecencia da persoa convocada, consignarase na Caixa Xeral de Depósitos da Xunta de Galicia.

Acto seguido, levantarase a acta de ocupación definitiva, ben que a transmisión do dominio e a imposición das servidumes correspondentes, se producirá no momento en que se realice o asento dos importes correspondentes ao depósito previo no número de conta facilitado polas persoas interesadas ou, de ser o caso, no momento da consignación da referida contía na Caixa Xeral de Depósitos da Xunta de Galicia.

Ao dito acto deberán acudir os titulares afectados persoalmente ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome; non se admitirá representación senón por medio de poder debidamente autorizado (notarial ou consular), xa sexa xeral ou particular para este caso. As persoas que actúen como representantes deberán identificarse co documento nacional de identidade.

A persoas titulares dos bens ou os seus representantes deberán achegar os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade, último recibo de pagamento do imposto sobre bens inmobles e certificado de conta bancaria con código IBAN, para os efectos de realizar os pagamentos que sexan procedentes mediante transferencia bancaria.

As persoas afectadas poderán ir acompañadas, se o consideran oportuno e á súa custa, dos seus peritos e/ou notarios.

A relación de persoas titulares cos bens e dereitos afectados, así como os planos correspondentes, estarán expostos nos concellos de Caldas de Reis (rúa Ferrería, 1), Soutomaior (rúa Alexandre Bóveda, 8), Baiona (rúa Lorenzo de la Carrera, s/n) e Vilagarcía de Arousa (praza Ravella, 1); nas oficinas en Vigo do Servizo Territorial de Augas de Galicia da Zona Hidrográfica de Galicia-Sur (rúa San Salvador, 2-4º, 36204 Vigo), así como nos servizos centrais de Augas de Galicia en Santiago de Compostela (praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9).

Así mesmo, e en cumprimento do disposto nos artigos 17, 18 e 19 da Lei de expropiación forzosa, e no artigo 56 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante un prazo de quince días, contados a partir do seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o momento do levantamento das actas previas correspondentes, co fin de que os interesados poidan formular por escrito as alegacións que consideren pertinentes dirixíndoas aos servizos centrais de Augas de Galicia, sito na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela.

Para o suposto de que a persoa titular dos bens sexa un suxeito obrigado a relacionarse a través de medios electrónicos coas administracións públicas ou no caso de optar por este medio, as alegacións deberán realizarse presentando o formulario do procedemento Presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non dispoñan dun sistema electrónico específico nin dun modelo electrónico normalizado, con código de procedemento PR004A, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PR004A). Neste caso, deberá escollerse como destinatario final do formulario a Augas de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2020

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Orde do 30.1.2012, DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia