Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Xoves, 12 de marzo de 2020 Páx. 15963

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 27 de febreiro de 2020, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, polo que se dá publicidade á Resolución do 27 de febreiro de 2020 pola que se ratifica a adaptación dos estatutos da Confraría de Pescadores Virgen del Carmen de Cabo de Cruz.

Para dar cumprimento ao previsto no artigo 4.4 do Decreto 8/2014, do 16 de xaneiro, polo que se regulan as confrarías de pescadores de Galicia e as súas federacións, faise pública a resolución ditada pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro o 27 de febreiro de 2020, pola que se ratifica a adaptación ao citado decreto dos estatutos da Confraría de Pescadores Virgen del Carmen de Cabo de Cruz e se acorda a súa inscrición no tomo II, libro 12, volume 1 do Rexistro de Confrarías e das súas Federacións, acto que lles atribúe eficacia xurídica, consonte o disposto no artigo 2.2 da Lei 9/1993, do 8 de xullo, de confrarías de pescadores de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2020

Susana Rodríguez Carballo
Directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro