Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Xoves, 12 de marzo de 2020 Páx. 15908

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Salamanca

EDICTO (680/2019).

Eu, Manuel J. Marín Madrazo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Salamanca, fago saber que no procedemento ordinario 680/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Eulen, S.A. contra Emilio Núñez González e Fogasa, se ditou Sentenza número 64/2020, do 14 de febreiro de 2020, co seguinte encabezamento e resolución:

«Sentenza número 64/2020.

Salamanca, 14 de febreiro de 2020.

Vistos pola maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 2 de Salamanca, María Rosario Alonso Herrero, os presentes autos número 680/2019, seguidos por instancia da empresa Eulen, S.A., como demandante, representada polo letrado Miguel Ángel Fiz Fernández, contra Emilio Núñez González, non comparecido en autos, como demandado, sobre reclamación de cantidade.

Resolvo.

Que estimando a demanda de reclamación de cantidade deducida por Eulen, S.A. contra Emilio Núñez González, debo condenar e condeno o demandado a aboar á empresa demandante a cantidade de mil vinte e nove euros con catorce céntimos (1.029,14), máis o xuro legal do diñeiro incrementado en dous puntos desde a data da presente resolución.

Notifíquese a presente resolución ás partes, con indicación que contra esta sentenza non cabe recurso de suplicación.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Emilio Núñez González, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Salamanca, 14 de febreiro de 2020

O letrado da Administración de xustiza