Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Xoves, 12 de marzo de 2020 Páx. 15907

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 87/2016).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 87/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Aboy Rodríguez contra a empresa Manuel González Herrero e Simeco Sistemas Metálicos para Edificación Civil, S.L., sobre ordinario, se ditou decreto do 19.2.2020, impugnable en revisión no prazo de tres días, que se encontra á súa disposición na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Simeco Sistemas Metálicos para Edificación Civil, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 19 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza