Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Xoves, 12 de marzo de 2020 Páx. 15914

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 203/2019).

Declaración de insolvencia.

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número tres de Santiago de Compostela, fago saber que na execución seguida neste xulgado co número 203/2019, por instancia de Cristina Brión Collazo, contra a executada José Ramón Collazo Yáñez, sobre despedimento, se ditou o día 19 de febreiro de 2020 decreto de insolvencia no sentido de declarar o executado, en situación de insolvencia total, por importe de 12.538,63 euros en concepto de principal (2.704,33 euros de indemnización, máis 9.834,30 euros de salarios), máis 1.253,86 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido este edicto para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza