Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Xoves, 12 de marzo de 2020 Páx. 15915

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 203/2019).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 203/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Cristina Brión Collazo contra José Ramón Collazo Yáñez sobre despedimento, se ditou Decreto do 19 de febreiro de 2020, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Acordo:

a) Declarar o executado José Ramón Collazo Yáñez en situación de insolvencia total por importe de 12.538,63 euros en concepto de principal (2.704,33 euros de indemnización, máis 9.834,30 euros de salarios), máis 1.253,86 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Proceder á súa inscrición no rexistro correspondente.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles.

Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 aberta no Banco de Santander, conta número 5076 0000 64 0203 19. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá ingresarse na conta número 00493569920005001274, e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta “5076 0000 64 0203 19”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acordo e asino. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza».

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a José Ramón Collazo Yáñez, expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza