Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Martes, 10 de marzo de 2020 Páx. 15646

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 696/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no despedimento/cesamentos en xeral 696/2019 deste xulgado do social, seguidos a instancia de Adalberto Cataño Zapata contra a empresa María Vitoria Mera Gómez, Bienvenido Manuel Mera Gómez, Fernando Figueiras Portela, Café L´Incontro, S.C. e Café L´Incontro, C.B., sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é como segue:

Que debo estimar parcialmente a demanda presentada a instancias de Adalberto Cataño Zapata contra María Vitoria Mera Gómez e Bienvenido Manuel Mera Gómez, contra Fernando Figueiras Portela, e contra Café L’ Incontro CS e Café L’ Incontro, C.B., e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento do demandante, e condeno a Fernando Figueiras Portela, a que, no prazo de cinco días desde a notificación desta resolución opte entre readmitir o demandante nas condicións que rexían o seu contrato con aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data de despedimento ata a notificación desta resolución a razón de 44,47 euros diarios ou a que o indemnice pola extinción deste na suma de 21.089,44 euros entendéndose que de non se efectuar a devandita opción en tempo e forma, procede a readmisión, e absolvo o resto dos codemandados de toda responsabilidade no despedimento producido.

Notifíquese ás partes a presente resolución.

Modo de impugnación: advírtese ás partes que contra a presente resolución poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación.

E para que sirva de notificación en legal forma a Café L´Incontro, S.C. e Café L´Incontro, C.B., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza