Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Martes, 10 de marzo de 2020 Páx. 15640

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de notificación da sentenza dos autos (596/2019).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 596/2019 por instancia de Bárbara Vázquez Vázquez contra a empresa Hostelería Heroica, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, nos cales se ditou sentenza o 10 de febreiro de 2020 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución

Estímase a demanda formulada por Bárbara Vázquez Vázquez fronte á empresa Hostelería Heróica, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada Hostelería Heroica, S.L. á traballadora.

Condénase a Hostelería Heróica, S.L. a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza opte entre a readmisión da demandante ou o aboamento dunha indemnización de 1.822,01 euros, determinando o aboamento da devandita indemnización a extinción do contrato de traballo; no caso de optar pola readmisión deberá aboar os salarios de tramitación a razón de 44,17 euros diarios.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósito e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolas E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Hostelería Heroica, S.L. expido e asino a presente.

A Coruña, 18 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza