Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Martes, 10 de marzo de 2020 Páx. 15642

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (SSS 569/2019).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento SSS 569/2019, seguido por instancia de Asepeyo, Mutua Colaboradora da Seguridade Social nº 151 contra o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS) e a mercantil Modesto Carrodeguas, S.L. sobre declaración de responsabilidade en accidente de traballo e reintegro de cantidades, foi ditada a Sentenza núm. 73/2020, do 11 de febreiro, estimando a demanda, e contra a cal cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á publicación deste edicto. O texto íntegro da resolución está ao dispor dos interesados no propio xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma á mercantil Modesto Carrodeguas, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza