Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 9 de marzo de 2020 Páx. 15455

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (844/2019).

Eu, María de los Ángeles López Carballo, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento dereito concilia vida persoal, familiar e laboral 844/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Patricia Da Silva Queiroz contra a empresa Sonia Martínez Calo, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Acordo:

Declarar que a parte demandante desiste da súa demanda, sobreser as presentes actuacións e arquivar os autos».

E para que sirva de notificación en legal forma a Sonia Martínez Calo, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Lugo, 17 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza