Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 9 de marzo de 2020 Páx. 15325

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre de 2019.

Consonte o establecido no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (Diario Oficial de Galicia núm. 30, do 15 de febreiro) procédese a publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a este mandato,

DISPOÑO:

Artigo 1

Darlle publicidade aos convenios subscritos pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade no terceiro cuadrimestre do ano 2019, que se incorporan como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2020

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Infraestruturas
e Mobilidade no terceiro cuadrimestre de 2019

Descrición

Data sinatura

Importe

Prórroga do convenio de colaboración entre a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia e Renfe Viajeros Sociedad Mercantil Estatal, S.A., para a integración desta empresa na Área de Transporte Metropolitano de Ferrol

18.12.2019

26.693,10 €

Prórroga do convenio de colaboración para a implantación dun servizo de interese municipal no Concello de Arteixo dentro do marco do convenio de transporte metropolitano da Área de Transporte Metropolitano da Coruña

27.12.2019