Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Venres, 6 de marzo de 2020 Páx. 15288

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cambre

ANUNCIO de información pública sobre a peza incidental para a valoración de dereitos indemnizatorios do proxecto de expropiación forzosa por taxación conxunta para a execución do planeamento no ámbito da estrada Cambre-O Temple, número 8.

Con data do 6 de febreiro de 2020, o concelleiro delegado da Área de Urbanismo e Obras desta corporación ditou resolución pola que se acorda incoar expediente para a valoración de dereitos indemnizatorios de arrendatario como peza incidental do expediente de expropiación forzosa por taxación conxunta para a execución do planeamento no ámbito da estrada Cambre-O Temple, nº 8 (esquina rúa Carballo, nº 11) co fin de adquirir solo destinado a espazos libres de dominio e uso público e a vía pública local polas normas subsidiarias de planeamento de Cambre, aprobado definitivamente mediante Resolución municipal 1270/2018, do 28 de xuño, e aprobar inicialmente a valoración de dereitos indemnizatorios para tal fin redactada polo arquitecto Carlos Rodríguez Álvarez.

En cumprimento do disposto na lexislación vixente, sométese a información pública o dito proxecto de expropiación durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia, para que os interesados poidan examinalo nas oficinas da Área de Urbanismo, das 9.00 ás 14.00 horas os días laborables e formular as alegacións, observacións ou reclamacións que xulguen convenientes, en particular no que se refire á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.

O que se fai público para xeral coñecemento, de conformidade cos artigos 118.2 e 3 da Lei 2/2016, do solo de Galicia. Infórmase de que contra este acordo, en canto acto de mero trámite que non pon fin á vía administrativa, non cabe interpoñer ningún recurso, sen prexuízo do dereito a formular as alegacións ou observacións que se consideren pertinentes.

Cambre, 13 de febreiro de 2020

O alcalde
P.D. (Resolución 1323/2019, do 1 de xullo)
Juan González Leirós
Concelleiro delegado da Área de Urbanismo e Obras