Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Mércores, 4 de marzo de 2020 Páx. 14785

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 13 de febreiro de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de notificación de resolucións en relación cos expedientes de modificacións ao acordo da zona de concentración parcelaria de Saiar (Caldas de Reis).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar ou por ser o seu enderezo descoñecido, notifícaselles ás persoas interesadas, por medio deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural en Pontevedra (avda. María Victoria Moreno, núm. 43, 2º andar. Teléfono 986 80 54 63), das 9.00 ás 14.00, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día da súa publicación no BOE.

Contra o acto a que se refire o anexo, que non pon fin a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da notificación.

Pontevedra, 13 de febreiro de 2020

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Acto que se notifica

MA_503

35452457G

Resolución

MA_522

35386825Z

Resolución

MA_522

José García Cascallar

Resolución

MA_522

76853846J

Resolución

RD_MA_594

33088404Y

Resolución

RD_MA_595

35390181N

Resolución