Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Mércores, 4 de marzo de 2020 Páx. 14787

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 13 de febreiro de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifican varios trámites de audiencia en relación coas modificacións ao acordo da zona de concentración parcelaria de Saiar (Caldas de Reis).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar ou sendo o seu domicilio descoñecido, notifícaselle á persoa interesada, por medio do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural en Pontevedra (avda. María Victoria Moreno, núm. 43, 2º andar. Teléfono 986 80 54 63), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día da súa publicación no BOE.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante a Consellería do Medio Rural no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE.

Pontevedra, 13 de febreiro de 2020

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Interesados

Acto que se notifica

RD_MA_581

35373746E

Trámite de audiencia

RD_MA_593

José Benito Oubiña Pérez

Trámite de audiencia

MA_608

35373844M

Trámite de audiencia