Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Mércores, 4 de marzo de 2020 Páx. 14767

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 18 de febreiro de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifican as resolucións do expediente sancionador por infracción na orde social 767732259G/23/10/2019/2.1.E e un máis.

Intentadas as notificacións das resolucións ditadas polo xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Ourense polas que se acordan as resolucións dos expedientes sancionadores arriba referenciados, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula e segundo o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese a efectuar as notificacións por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia queda condicionada á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Así mesmo, fáiselles saber que as ditas resolucións poñen fin á vía administrativa e que contra elas cabe interpoñer recurso ante os órganos xurisdicionais da orde social, logo de reclamación ante esta xefatura territorial, dentro do prazo dos trinta (30) días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), conforme o previsto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

As persoas interesadas, durante este prazo, poderán presentarse ante a oficina de emprego do Carballiño, localizada na rúa Otero Pedrayo, nº 20, baixo, do Carballiño, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido das resolucións ditadas polo xefe territorial.

Advírteselles ás persoas interesadas que se non interpoñen o recurso en tempo e forma as resolucións adquirirán firmeza.

Ourense, 18 de febreiro de 2020

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourese

ANEXO

Expediente: 76732259G/23/10/2019/2.1.E.

Persoa interesada: 76732259G.

Concello: O Carballiño.

Precepto infrinxido: non manter a inscrición como demandante de emprego.

Contido da resolución: confirmar a proposta de resolución e impoñer a sanción de perda dun mes da prestación/subsidio de desemprego recoñecida.

Expediente: 55146428H/02/10/2019/2.1.E.

Persoa interesada: 55146428H.

Concello: O Carballiño.

Precepto infrinxido: non manter a inscrición como demandante de emprego.

Contido da resolución: confirmar a proposta de resolución e impoñer a sanción de perda dun mes da prestación/subsidio de desemprego recoñecida.