Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Luns, 2 de marzo de 2020 Páx. 14311

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de notificación de orde de execución á titular do predio con referencia catastral 32076A056004330000UL.

Ao non ser posible a notificación de forma habitual, e segundo o establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, así como o establecido no artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, modificada pola Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, ponse en coñecemento de María José Perdiz Blanco o seguinte:

«Unha vez visto o expediente 964/2019, relativo ao incumprimento dos deberes previstos no artigo 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, respecto ao predio coa referencia catastral 32076A056004330000UL, localizado no polígono 56, parcela 433, cunha extensión de 1.569 m2, inscrito no Catastro a nome de María José Perdiz Blanco.

En cumprimento do disposto na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, requírense os propietarios, arrendatarios ou usufrutuarios da parcela coa referencia catastral 32076A056004330000UL, localizada no polígono 56, parcela 433, e inscrita no Catastro a nome de María José Perdiz Blanco, para que no prazo de quince (15) días executen os traballos de limpeza da maleza existente no predio de referencia, coa advertencia da facultade do Concello da realización da execución subsidiaria ou ben forzosa, mediante a imposición de multas coercitivas. Advírteselles que están obrigados a facilitar o necesario acceso para a realización dos traballos de xestión de biomasa».

San Cibrao das Viñas, 10 de febreiro de 2020

M. Pedro Fernández Moreiras
Alcalde