Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Luns, 2 de marzo de 2020 Páx. 14270

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 14 de febreiro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se citan para ser notificados por comparecencia varios afectados pola revisión gráfica e documental da zona de concentración parcelaria de Outes-Valadares (Outes-A Coruña).

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase por medio do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) a listaxe dos interesados para seren notificados por comparecencia dos trámites de audiencia relativos á revisión gráfica e documental do Acordo de concentración parcelaria da zona de Outes-Valadares (Outes-A Coruña).

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples de Monelos, na Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de quince (15) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 14 de febreiro de 2020

Mónica López López
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Interesados

Acto que se notifica

Zona de concentración parcelaria

Aurelia Alvite Ramos

Trámite de audiencia

Outes-Valadares (Serra de Outes-A Coruña)

Domingo Pais Gerpe

Trámite de audiencia

Outes-Valadares (Serra de Outes-A Coruña)