Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Venres, 28 de febreiro de 2020 Páx. 14061

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 18 de febreiro de 2020 pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario 259/2019 no expediente de reposición da legalidade COR/124/2015-RP1.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 4 da Coruña, en relación co procedemento ordinario número 259/2019, interposto por José Antonio Trillo Fernández contra a resolución desestimatoria ditada polo director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no recurso de reposición o 13 de setembro de 2019, expediente COR/124/2015-RP1, interposto contra outra do 14 de xuño de 2016, pola que declara que as obras executadas sen licenza urbanística municipal, consistentes na instalación dunha caseta prefabricada (A), construción de edificación con tipoloxía de almacén (B) e construción con tipoloxía de galiñeiro, sitas no lugar dos Camiños Chans, parroquia de Brens, concello de Cee, non son legalizables por seren incompatibles co ordenamento urbanístico, e ordena a demolición das obras e a reposición dos terreos afectados ao estado anterior ao inicio das obras, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 4 da Coruña.

Ao non poder realizarse a notificación persoal do emprazamento, mediante a presente cédula (que ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP), se lle notifica por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado) emprázase a César Tejada Cid para que poida presentarse como interesado nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2020

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística