Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Venres, 28 de febreiro de 2020 Páx. 14059

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 12 de febreiro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se citan, para seren notificados por comparecencia, varios propietarios da zona de concentración parcelaria de Vizoño-Vilacoba II (Abegondo-A Coruña), de trámites de audiencia relativos a modificacións do acordo da devandita zona.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícanse por medio do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), os interesados que figuran no anexo, de varios trámites de audiencia relativos a propostas de modificación do acordo da zona de concentración parcelaria de Vizoño-Vilacoba II (Abegondo-A Coruña).

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples de Monelos, na Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de quince (15) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 12 de febreiro de 2020

Mónica López López
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Interesado/a

Acto que se notifica

Zona de concentración parcelaria

32265782W

Trámite de audiencia

Vizoño-Vilacoba II (Abegondo-A Coruña)

76367359E

Trámite de audiencia

Vizoño-Vilacoba II (Abegondo-A Coruña)

32789853H

Trámite de audiencia

Vizoño-Vilacoba II (Abegondo-A Coruña)

76358698D

Trámite de audiencia

Vizoño-Vilacoba II (Abegondo-A Coruña)

32774538K

Trámite de audiencia

Vizoño-Vilacoba II (Abegondo-A Coruña)