Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 27 de febreiro de 2020 Páx. 13856

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

CÉDULA do 10 de xaneiro de 2020, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica a resolución ditada no procedemento competencia desta xefatura (expediente 2018/228-36).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, notifícaselle a través do Boletín Oficial del Estado á persoa citada no anexo a resolución ditada no procedemento que se indica no referido anexo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por ignorarse o lugar de notificación.

Para o coñecemento íntegro da resolución, emprázase a persoa interesada, por si ou a través do seu representante legal, para que no prazo de dez (10) días hábiles, desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, compareza nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial en Vigo da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, en Vigo, de luns a venres laborables das 9.00 ás 14.00 horas.

Advírtese que contra a resolución poderase interpoñer recurso, ante o Xulgado de Primeira Instancia de Vigo que por quenda corresponda, no prazo de dous meses e/ou no prazo de dous anos no caso de oposición ás resolucións administracións, desde o día seguinte ao da notificación da resolución, de conformidade co disposto no artigo 172.2 do Código civil.

Vigo, 10 de xaneiro de 2020

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº expediente: 2018/228-36.

Interesada: Verónica Ricart.

Acto que se notifica: Resolución administrativa do 19 de novembro de 2019.

Efectos xurídicos que produce a resolución: cesamento e adopción de medida administrativa.