Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 27 de febreiro de 2020 Páx. 13857

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 4 de febreiro de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican diversos actos administrativos ditados en varios procedementos (expediente BS210A LU-0000030463 e dous máis).

De conformidade co disposto na disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 do outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, notifícanse os actos administrativos de citacións emitidos nos procedementos instados polas persoas interesadas, relativos aos expedientes que se relacionan no anexo.

Emprázanse as persoas interesadas ou persoas que legalmente as representen para que comparezan para teren coñecemento íntegro do acto e constancia del, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na Unidade da Dependencia da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social en Lugo, situada no Centro Base, na rúa Serra dos Ancares, nº 68, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Advírtese que, de non atender o acto que se notifica, se concorre a paralización do procedemento por causa imputable á persoa interesada, transcorridos tres meses sen realizar as actividades necesarias para continuar a tramitación, se producirá a caducidade do procedemento e se acordará o seu arquivamento de conformidade co disposto no artigo 95 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Lugo, 4 de febreiro de 2020

María Cristina Abades Martínez
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente/proc. BS210A

DNI

Acto obxecto de notificación

Data do documento

LU-0000030463

33646110-P

Citación BS210A

8.7.2019

LU-0000040114

33558976-K

Citación BS210A

13.5.2019

LU-0000039940

34307797-P

Citación BS210A

30.10.2019