En virtude do establecido nos artigos 9.1, inciso segundo, e 10.f) da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia (DOG nº 133, do 12 de xullo), e no artigo 9.e) do Regulamento de réxime interno deste (DOG nº 114, do 11 de xuño de 1996), e de acordo coa proposta efectuada pola Universidade da Coruña o 4 de febreiro de 2020,
DISPOÑO:
Artigo 1
Que cese como membro titular do Consello Económico e Social de Galicia, en representación da Universidade da Coruña, Domingo Calvo Dopico.
Artigo 2
Que cese como membro suplente do Consello Económico e Social de Galicia, en representación da Universidade da Coruña, Ángel Santiago Fernández Castro.
Santiago de Compostela, dezasete de febreiro de dous mil vinte
Alberto Núñez Feijóo
Presidente