En virtude do establecido nos artigos 8, parágrafo terceiro, e 9.1 da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia (DOG nº 133, do 12 de xullo), e nos artigos 8 e 10 do Regulamento de réxime interno deste (DOG nº 114, do 11 de xuño de 1996), e de acordo coa proposta efectuada pola Universidade da Coruña o 4 de febreiro de 2020,
DISPOÑO:
Artigo 1
Nomear membro titular do Consello Económico e Social de Galicia, en representación da Universidade da Coruña, a Ángel Santiago Fernández Castro.
Artigo 2
Nomear membro suplente do Consello Económico e Social de Galicia, en representación da Universidade da Coruña, a Anxo Ramón Calvo Silvosa.
Santiago de Compostela, dezasete de febreiro de dous mil vinte
Alberto Núñez Feijóo
Presidente