Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Mércores, 26 de febreiro de 2020 Páx. 13610

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2020, da Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 13 de febreiro de 2020, polo que se declara área de rexeneración urbana de interese autonómico o conxunto histórico de Mondoñedo e unha zona contigua de características similares.

En cumprimento do disposto no artigo 55.2 da Lei 1/2019, do 22 abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia, esta dirección xeral dispón que se publique no Diario Oficial de Galicia o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 13 de febreiro de 2020, co seguinte texto literal:

«Declarar área de rexeneración urbana de interese autonómico (área Rexurbe) o conxunto histórico de Mondoñedo e unha zona contigua de características similares (rúa Álvaro Cunqueiro e San Roque e parte alta da estrada dos Remedios) conforme a delimitación que se indica no plano anexo».

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2020

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

missing image file