Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Luns, 24 de febreiro de 2020 Páx. 13381

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANUNCIO do 10 de febreiro de 2020 polo que se notifica a varias persoas interesadas a resolución de cesión temporal de predios con vocación agraria e o requirimento de documentación.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución de cesión temporal de predios con vocación agraria e o requirimento de documentación.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

As persoas interesadas poden coñecer o texto íntegro da resolución nas dependencias da Agader (lugar da Barcia, nº 56, Laraño, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2020

Miguel Ángel Pérez Dubois
Director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Expediente

Procedemento

DNI da persoa interesada

Acto que se notifica

20091500086-2016-6709

Cesión temporal do predio integrante do Banco de Terras de Galicia

71991122H

Resolución de cesión temporal de predios

20133600147-2018-8043

Cesión temporal do predio integrante do Banco de Terras de Galicia

53176003A

Requirimento de emenda de solicitude de cesión