Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Luns, 24 de febreiro de 2020 Páx. 13380

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 10 de febreiro de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, polo que se fai pública a notificación do expediente de suspensión condicional PSC-CO-1340/2018-COP e un máis.

Intentada sen éxito a notificación persoal de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona no anexo a resolución relativa ao procedemento de solicitude de suspensión condicional que solicitou no seu día.

Así mesmo, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditado á súa publicación no BOE.

O prazo para presentar alegacións será de 15 días que empezarán a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE. Os expedientes relacionados a seguir están á disposición dos interesados na Consellería do Mar (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, teléfono: 881 99 71 77).

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2020

María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-CO-1340/2018-COP

A15234750

Audiencia suspensión condicional

Estrada do Porto, 22A, 15006 A Coruña

PSC-CO-0699/2019-PPM

32435411Y

Audiencia suspensión condicional

Desiderio Paz , 13, 15155 Fisterra, A Coruña