Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Luns, 24 de febreiro de 2020 Páx. 13346

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 233/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 233/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Ángeles Sánchez Gómez contra Cityhouse Los Tilos, S.L., Fogasa, se ditaron as seguintes resolucións, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto.

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2019.

Parte dispositiva.

Dispoño: despachar orde xeral de execución da Sentenza 473/2019, do 27 de setembro de 2019, ditada no procedemento ordinario 672/2018 a favor da parte executante, María Ángeles Sánchez Gómez, fronte a Cityhouse Los Tilos, S.L., Fogasa, parte executada, por importe de 3.744,95 euros en concepto de principal (3.304,90 euros en concepto de salarios e indemnización, 440,05 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior), máis outros 374,49 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderá interporse recurso de reposición, que se interporá ante este órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación.

Así o acorda e asina a maxistrada xuíza. Dou fe.

A xuíza

A letrada da Administración de xustiza».

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2019.

Parte dispositiva.

Acordo, en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previamente á estimación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada Cityhouse Los Tilos, S.L., dar audiencia previa á parte demandante María Ángeles Sánchez Gómez e ao Fondo de Garantía Salarial, por termo de quince días, para que poidan sinalar a existencia de novos bens e do seu resultado acordarase o procedente.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS).

A letrada da Administración de xustiza».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Cityhouse Los Tilos, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza