Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Luns, 24 de febreiro de 2020 Páx. 13335

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (31/2016).

Eu, María Jesús Pérez Fernández, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primera Instancia número 4 de Santiago de Compostela, polo presente

Anuncio:

No presente procedemento ordinario seguido por instancia de Manuel Rodríguez Quintela fronte á comunidade hereditaria de Enrique Santos Cabanas e á comunidade hereditaria de Eugenia Adela Gómez ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Xuízo ordinario número 31/2016

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2019

Sentenza:

Vistos por min, Ana Belén López Otero, maxistrada xuíza do Xulgado de Primera Instancia número 4 de Santiago de Compostela, as presentes actuacións de xuízo ordinario tramitado co número 31/2016, no que interviñeron como demandante Manuel Rodríguez Quintela, actuando no seu nome e en beneficio da sociedade de gananciais constituída con Magdalena Corchado Carrera, representado pola procuradora dos tribunais Sra. Losada Gómez e asistido polo letrado Sr. Pardo Pedernera, e como demandados a comunidade hereditaria de Enrique Santos Cabanas (en sucesión daquel tras o seu falecemento), e a comunidade hereditaria de Eugenia Adela Costas en situación de rebeldía procesual, en virtude das seguintes consideracións,

Dispoño:

Estimar substancialmente a demanda interposta por Manuel Rodríguez Quintela, actuando no seu nome e en beneficio da sociedade de gananciais que forma con Magdalena Corchado Carrera, e, como consecuencia, declárase a súa titularidade, con carácter ganancial en todos os casos, sobre o 50 % pro indiviso de 1/12 parte indivisa do terreo inscrito ao tomo 1158, libro 183, folio 104, terreo rexistral número 18.174 do Rexistro da Propiedade número 1 de Santiago de Compostela, correspondendo o outro 50 % a Enrique Santos Cabanas; declárase a súa titulatidade sobre o 50 % de 1/6 parte indivisa do terreo inscrito ao tomo 1158, libro 183, folio 84, terreo rexistral número 18.154 do Rexistro da Propiedade número 1 de Santiago, correspondendo o outro 50 % a Enrique Santos Cabanas; declárase a súa titularidade sobre o 50 % pro indiviso de 1/6 parte indivisa do terreo inscrito ao tomo 557, libro 66, folio 117, terreo rexistral número 11.505 do Rexistro da Propiedade de Ordes, pertencendo o outro 50 % a Enrique Santos Cabanas, e declárase a súa titularidade sobre o 50 % de 1/6 parte indivisa do terreo inscrito ao tomo 557, libro 66, folio 208, terreo rexistral número 11.687 do Rexistro da Propiedade de Ordes, pertencendo o outro 50 % a Enrique Santos Cabanas, debendo proceder á súa inscrición na forma indicada con cancelación dos asentos contraditorios, librando para iso os oportunos despachos, declarando ao tempo a ineficacia das escrituras do 10 de maio de 1989 outorgada por Eugenia Adela Gómez e Enrique Santos Cabanas e a escritura do 14 de xullo de 1989, pola que Enrique Santos Cabanas acepta a cesión verificada na anterior, en canto afecte a transmisión das partes indivisas antes mencionadas e correspondentes aos terreos litixiosos, todo iso sen expresa imposición de custas.

Notifíquese esta resolución a todos os interesados facéndolles saber que contra esta cabe interpoñer recurso de apelación que deberá interpoñerse no prazo de vinte días desde a súa notificación para a súa posterior resolución pola Audiencia Provincial, logo de depósito da suma de 50 euros.

Así o acordo, mando e asino».

Así mesmo, con data do 9 de setembro de 2019 ditouse auto aclaratorio da sentenza, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Parte dispositiva

Acordo:

Rectificar a Sentenza ditada o 4 de setembro de 2019, nos seguintes termos:

“Vistos por min, Ana Belén López Otero, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primera Instancia número 4 de Santiago de Compostela, as presentes actuacións de xuízo ordinario tramitados co número 31/2016, no que interviñeron como demandante Manuel Rodríguez Quintela, actuando no seu nome e en beneficio da sociedade de gananciais constituída con Magdalena Corchado Carrera, representado pola procuradora dos tribunais Sra. Losada Gómez e asistido polo letrado Sr. Pardo Pedernera, e como demandados a comunidade hereditaria de Enrique Santos Cabanas (en sucesión daquel tras o seu falecemento), e a comunidade hereditaria de Eugenia Adela Gómez en situación de rebeldía procesual, en virtude das seguintes consideracións”.

Modo de impugnación: contra esta resolución non cabe recurso ningún, sen prexuízo dos recursos que procedan, se é o caso, contra a resolución, que aquí aclara/suma.

Así o acorda e asina S.S ª. Dou fe.

A maxistrada-xuíza. A letrada da Administración de xustiza».

E encontrándose a dita demandada herdanza xacente de Eugenia Adela Gómez, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza