Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Luns, 24 de febreiro de 2020 Páx. 13370

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se fai pública a formalización do primeiro contrato derivado, correspondente ao lote 1: terminais portátiles, do acordo marco de subministración de terminais Tetra de radiocomunicación para o acceso aos servizos da rede corporativa de comunicacións móbiles dixitais de emerxencia e seguridades de Galicia, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, medida M08: investimentos no desenvolvemento de zonas forestais e mellora da viabilidade dos bosques, submedida 8.3 axuda para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 8/2019.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/licitacion?N=576684.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración de terminais portátiles tetra de radiocomunicación para o acceso aos servizos da rede corporativa de comunicacións móbiles dixitais de emerxencia e seguridades de Galicia.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 30200000-8.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: contrato baseado nun acordo marco.

4. Valor estimado do contrato: 229.200,00 €.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 229.200,00 €. Importe total: 277.332,00 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 13 de agosto de 2019.

b) Data de formalización do contrato: 17 de setembro de 2019.

c) Adxudicataria: Vehículos, Equipamientos y Carrocerías Prieto-Puga, S.L.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 172.800,00 €. Importe total con IVE: 209.088,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2020

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural