Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Luns, 24 de febreiro de 2020 Páx. 13368

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 6 de febreiro de 2020, da Secretaría Xeral de Emprego, polo que se notifican oito acordos declarativos da procedencia de reintegro das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 27 de xuño de 2016, Programa de fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás empresas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio os acordos de procedencia do procedemento declarativo de reintegro das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 27 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (DOG núm.135, do 18 de xullo).

A eficacia deste acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE).

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe formular recurso contencioso-administrativo ante a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous (2) meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado. Así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñerse ante esta Secretaría Xeral da Emprego recurso de reposición no prazo dun (1) mes, que se contará desde o día seguinte ao desta publicación. Todo iso de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2020

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego

ANEXO

Expediente

Empresa

NIF

Concello

Resolución

Data da resolución

TR807I 2016/110-0

Hostal Stop, S.L.

B94138088

Pontevedra

Procedencia reintegro

10.1.2020

TR807I 2016/193-0

Hostal Stop, S.L.

B94138088

Pontevedra

Procedencia reintegro

10.1.2020

TR807I 2016/149-0

Riberas del Sena, S.L.

B70488176

A Coruña

Procedencia reintegro

10.1.2020

TR807I 2016/150-0

Riberas del Sena, S.L.

B70488176

A Coruña

Procedencia reintegro

10.1.2020

TR807I 2016/223-0

Pan de Leña Curro, S.L.

B94131570

Barro

Procedencia reintegro

10.1.2020

TR807I 2016/231-0

Pan de Leña Curro, S.L.

B94131570

Barro

Procedencia reintegro

10.1.2020

TR807I 2016/229-0

Maravilla de Oia, S.L.

B27835099

Vigo

Procedencia reintegro

10.1.2020

TR807I 2016/230-0

Maravilla de Oia, S.L.

B27835099

Vigo

Procedencia reintegro

10.1.2020