Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Luns, 24 de febreiro de 2020 Páx. 13395

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oza-Cesuras

ANUNCIO de informacion pública da aprobación definitiva do proxecto de urbanización para acceso ao equipamento sanitario-asistencial da residencia de persoas maiores en Porzomillos.

Por acordo da Xunta de Goberno Local do 15 de novembro de 2019 aprobouse definitivamente o proxecto de urbanización en Porzomillos para acceso a equipamento sanitario-asistencial, de novembro de 2018, redactado pola arquitecta María Carmen Viño Vila, e promovido por Angrudi, S.L, que executa os servizos e dotacións establecidos no Plan especial de equipamiento en solo rústico para a ordenación dunha dotación sanitario-asistencial de residencia de personas mayores, de conformidade co establecido no artigo 96.3 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro de 2019, do solo de Galicia (en adiante, LSG) e 226 do seu regulamento, sen ningunha modificación ao non terse presentado alegacións nin reclamacións durante o prazo de información pública por acordo da Xunta de Goberno Local de data 15 de novembro de 2019.

Contra este acordo poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da recepción da presente notificación, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña.

Non obstante, poderá interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición perante o mesmo órgano que ditou o acto no prazo dun mes contado igualmente desde a recepción da presente notificación. Neste caso, non poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto. Todo isto sen prexuízo de que poida exercer, de ser o caso, calquera outro recurso que xulgue procedente.

Oza-Cesuras, 28 de xaneiro de 2020

José Pablo González Cacheiro
Alcalde