Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Luns, 24 de febreiro de 2020 Páx. 13340

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (PO 183/2019).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento ordinario 183/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carlos Manuel Camiña Aljan contra a empresa Doigo Reformas, S.L., sobre ordinario, ditouse sentenza o 23.1.2020, recorrible en suplicación no prazo de cinco días, a cal se encontra á súa disposición na sede deste xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Doigo Reformas, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 4 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza