Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Luns, 24 de febreiro de 2020 Páx. 13389

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 10 de febreiro de 2020, da Área Provincial da Coruña, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no proceso de segundas adxudicacións de Santiago de Compostela.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázase apersoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia no proceso de segundas adxudicacións de Santiago de Compostela iniciado pola Resolución do 15 de febreiro de 2019.

O acto adouptouno a xefa da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo na Coruña.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio na Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo na Coruña, rúa Vicente Ferrer, 2, 9º andar, ala sur, das 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 10 de febreiro de 2020

Susana Mª Vázquez Romero
Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Expediente

DNI/NIE/NIF

Acto obxecto de notificación

83188

48113941B

Trámite de audiencia