Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Luns, 24 de febreiro de 2020 Páx. 13390

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 11 de febreiro de 2020, da Zona Centro, polo que se procede á apertura de prazo de presentación de solicitudes da convocatoria pública para a utilización do departamento de usuarios número 15, no dominio público portuario de Portocubelo-Lira.

Quedando dispoñible no porto de Portocubelo-Lira o departamento de usuarios número 15 no dominio público portuario de Portocubelo, procédese a abrir convocatoria pública para a súa ocupación, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 63 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do xoves 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan presentar por escrito as solicitudes segundo o establecido no prego das bases da convocatoria nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, nº 5, 1º, 15006 A Coruña, ou na forma indicada no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, pero en todo caso deberá acreditarse a data e a hora de presentación da solicitude. A documentación está dispoñible na web www.portosdegalicia.com

A Coruña a, 11 de febreiro de 2020

Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro