Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Venres, 21 de febreiro de 2020 Páx. 12849

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 2/2020).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 2/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Javier Conde Calvo contra Amilaxa Servicios Generales, S.L., Couto Gerpe Iago, sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

«Auto 7/2020.

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2020.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Recibíronse neste órgano xudicial os autos seguidos no Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela co número DOI 665/2019, que foron enviados polo Servizo de Rexistro e Repartición do Decanato de Santiago de Compostela a este xulgado e rexistrados co número de autos DSP 2/2020.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. Conforme o disposto no artigo 29 da LXS, permítese acordar de oficio ou por instancia de parte a acumulación de demandas formuladas en distintos procesos ante dous ou máis xulgados do social dunha mesma circunscrición fronte a un mesmo demandado, aínda que os demandantes sexan distintos, sempre e cando se exerzan idénticas accións. A petición deberá formularse ante o xulgado ou tribunal que coñecese da demanda que entrase antes no rexistro.

Segundo. De conformidade co artigo 30 da LXS, acordarase tamén a acumulación de procesos que pendan no mesmo ou distinto xulgado ou tribunal cando entre os obxectos dos procesos cuxa acumulación se pretende exista tal conexión que, de seguírense por separado, puidesen ditarse sentenzas con pronunciamentos ou fundamentos contraditorios, incompatibles ou mutuamente excluíntes.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Dispoño acumular este procedemento DSP 2/2020 aos autos que neste órgano xudicial se seguen como DSP 594/2019, máis antigo, para a súa tramitación e resolución conxunta nun só procedemento.

Incorpórese o orixinal ao libro de autos definitivos, deixando certificación deste no procedemento da súa razón.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se interpoñerá no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción cometida na resolución a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución recorrida (artigos 186 e 187 da LXS).

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Amilaxa Servicios Generales, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG e taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza