Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Venres, 21 de febreiro de 2020 Páx. 12880

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 3 de febreiro de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o arquivamento do expediente sancionador 2019585TA-PO, por infracción en materia sanitaria.

O 28 de novembro de 2019 a xefa territorial de Pontevedra ditou a resolución de arquivamento do expediente sancionador núm. 2019585TA-PO, incoado á persoa titular do DNI 78157164J.

Tras intentar a notificación desta resolución consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non puido practicarse, polo que, mediante esta cédula, notifícaselle á persoa titular do DNI 78157164J o arquivamento do dito expediente, para o seu coñecemento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación a persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 3 de febreiro de 2020

A xefa territorial de Pontevedra
P.A. (Decreto 136/2019, do 10 de outubro; DOG núm. 208)
Beatriz Agrelo Lorenzo
Xefa do Servizo de Xestión