Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Xoves, 20 de febreiro de 2020 Páx. 12480

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 33/2020).

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data no proceso seguido por instancia de Santiago Ríos García contra Iglesias Caneda, S.L., Brisas do Sar Alimentación e Bebidas, S.L., en reclamación por despedimento, rexistrado co número de despedimento/cesamentos en xeral 33/2020, acordouse, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Brisas do Sar Alimentación e Bebidas, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 12.3.2020, ás 10.40 horas, na planta segunda (oficina xudicial), Edificio da rúa Berlín, ao acto de conciliación ante o/a letrado/a da Administración de xustiza e, en caso de non avinza, o día 12.3.2020, ás 10.50 horas na planta baixa, sala 3, Edificio da rúa Berlín, ao acto de xuízo. Pode comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Prevencións legais:

1ª. A non comparecencia do demandado, debidamente citado, non impedirá a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo, continuando este sen necesidade de declarar a súa rebeldía (art. 83.3 da LXS).

2ª. Fáiselle saber que a parte demandante indicou que acudirá ao acto do xuízo con avogado para a súa defensa e/ou representación, o que se lle comunica para os efectos oportunos.

3ª. Debe asistir ao xuízo con todos os medios de proba de que intente valerse (art. 82.3 da LXS), e, no caso de que se admita a proba de interrogatorio, solicitada pola outra parte, deberá comparecer e contestar o interrogatorio ou, no caso contrario, poderán considerase recoñecidos como certos na sentenza os feitos a que se refiren as preguntas, sempre que o interrogado tiver intervido neles persoalmente e a súa fixación como certos lle resulte prexudicial en todo ou en parte.

Conforme dispón o artigo 91.3 da LXS, o interrogatorio das persoas xurídicas practicarase con quen legalmente as representen e teñan facultades para responder a tal interrogatorio.

Se o representante en xuízo non interviñese nos feitos deberá achegar a xuízo q persoa coñecedora directa destes. Con tal fin, a parte interesada poderá propoñer a persoa que deba someterse ao interrogatorio xustificando debidamente a necesidade de tal interrogatorio persoal.

Poderán, así mesmo, solicitar, polo menos con cinco días de antelación á data do xuízo, aquelas probas que, debendo practicarse neste, requiran dilixencias de citación ou requirimento (art. 90.3 da LXS).

4º. Advírteselle que a parte demandante solicitou como probas:

Despois de solicitarse o interrogatorio de parte e sendo a mesma persoa xurídica deben facerse as advertencias que se conteñen no artigo 91.3 e 5 da LXS. Conforme dispón o devandito precepto, o interrogatorio das persoas xurídicas privadas practicarase con quen legalmente as represente e teña facultades para responder a tal interrogatorio. Se o representante en xuízo non interviñese nos feitos, deberá achegar a xuízo a persoa coñecedora directa destes. Con tal fin, a parte interesada poderá propoñer a persoa que deba someterse ao interrogatorio, xustificando debidamente a necesidade do devandito interrogatorio persoal.

A declaración das persoas que actuasen nos feitos litixiosos en nome do empresario, cando sexa persoa xurídica privada, baixo a responsabilidade deste, como administradores, xerentes ou directivos, soamente poderá acordarse dentro do interrogatorio da parte por cuxa conta tivesen actuado e en calidade de coñecedores persoais dos feitos, en substitución ou como complemento do interrogatorio do representante legal, salvo que, en función da natureza da súa intervención nos feitos e posición dentro da estrutura empresarial, por non prestar xa servizos na empresa ou para evitar indefensión, o xuíz ou tribunal acorde a súa declaración como testemuñas.

O interrogatorio como demandado do legal representante de Brisas do Sar Alimentación e Bebidas, S.L.

Para tal efecto, indícaselle que, se non comparece, se poderán ter por certos os feitos da demanda en que tivese intervido persoalmente e lle resultaren en todo ou en parte prexudiciais (art. 91.2 da LXS).

A achega ao acto do xuízo dos seguintes documentos:

– Contratos de traballo do demandante de 25.4.1997 e 1.12.2015.

– Nóminas desde 2017 e ata o xuízo, xunto cos xustificantes de transferencias bancarias/pagamentos ao demandante de cada unha desas nóminas.

Advírteselle que, se os citados documentos non se achegan ao xuízo sen mediar causa xustificada, poderán considerarse probadas as alegacións da parte contraria en relación coa proba acordada (art. 94.2 da LXS).

5ª. Debe comunicar a esta oficina xudicial un domicilio para a práctica de actos de comunicación e calquera cambio de domicilio que se produza durante a substanciación deste proceso, cos apercibimentos do artigo 53.2 da LXS (art. 155.5, parágrafo 1º, da LAC) facéndolle saber que, en aplicación de tal mandato, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación.

O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

6ª. Tamén deberá comunicar, e antes da súa celebración, a existencia dalgunha causa legal que xustificase a suspensión dos actos de conciliación e/ou de xuízo aos cales é convocado (art. 183 da LAC).

7ª. As partes poderán formalizar conciliación en evitación do proceso por medio de comparecencia ante a oficina xudicial, sen esperar á data de sinalamento, así como someter a cuestión aos procedementos de mediación que puidesen estar constituídos de acordo co disposto no artigo 63 desta lei, sen que iso supoña a suspensión salvo que de común acordo o soliciten ambas as partes, xustificando a submisión á mediación e polo tempo máximo establecido no procedemento correspondente, que non poderá exceder quince días.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, poñerá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida estar este representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Brisas do Sar Alimentación e Bebidas, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Boletín Oficial da provincia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza