De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
Intentouse a notificación por correo certificado á persoa interesada citada no anexo sen que fose posible, polo que se lle notifica por medio deste anuncio a resolución do recurso de reposición contra o acordo de procedencia de reintegro total da subvención de promoción de emprego autónomo do expediente TR341D-2016-000151-1.
Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.
A persoa interesada dispón do prazo de dous (2) meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial. Todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e conforme a norma reguladora do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Lémbraselle o seu dereito para comprobar o contido íntegro do expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña, na rúa Salvador de Madariaga, 9-1º, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A Coruña, 5 de febreiro de 2020
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente |
Solicitante |
NIF |
Concello |
Materia |
Data da resolución |
TR341D-2016-000151-1 |
Belén Porvén Rodríguez |
***4544** |
A Coruña |
Promoción de emprego autónomo |
3.10.2019 |