BDNS (Identif.): 496487.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).
Primeiro. Entidades beneficiarias
Agrupacións entre un organismo de investigación de Galicia e unha empresa (excepcionalmente dúas), nos termos previstos no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, que teñan constituída unha unidade mixta de investigación para o desenvolvemento de forma conxunta e coordinada de actividades de I+D+i. Estas unidades mixtas deberán ter un orzamento mínimo elixible de 2 millóns de euros para o período 2020-2023.
No marco desta resolución consideraranse organismos de investigación:
– Os centros tecnolóxicos e de apoio á innovación tecnolóxica de Galicia.
– As universidades do Sistema universitario galego.
– Os centros en Galicia do Consello Superior de Investigacións Científicas.
– Os centros en Galicia do Instituto Español de Oceanografía.
– As fundacións de investigación sanitaria de Galicia.
– Outros organismos de investigación de Galicia que teñan definida nos seus estatutos a I+D como actividade principal.
As empresas integrantes das unidades mixtas de investigación poderán ser pequenas, medianas e grandes, segundo as definicións do anexo I do Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (DOUE núm. 187, do 26 de xuño de 2014).
Segundo. Obxecto
Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas cales se rexerá a concesión das axudas da Axencia Galega de Innovación para a creación e posta en marcha de unidades mixtas de investigación.
Así mesmo, por medio desta resolución, convócanse estas axudas para o ano 2020 en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva (código de procedemento IN853A), axustándose as axudas concedidas no marco da presente resolución ao establecido no Regulamento (UE) 651/2014.
Terceiro. Bases reguladoras
Publícanse conxuntamente coa convocatoria.
Cuarto. Contía
O importe total da convocatoria é 3.000.000,00 euros coa seguinte distribución por anos:
Ano 2020 (€) |
Ano 2021 (€) |
Ano 2022 (€) |
Ano 2023 (€) |
Total (€) |
450.000,00 |
1.025.000,00 |
1.025.000,00 |
500.000,00 |
3.000.000,00 |
As axudas reguladas nesta resolución estarán cofinanciadas no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020: eixe 1 Potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación, prioridade de investimento 1.2 Fomento do investimento empresarial en I+i, o desenvolvemento de vínculos e sinerxías entre as empresas, os centros de investigación e desenvolvemento e o sector do ensino superior, en particular mediante o fomento do investimento no desenvolvemento de produtos e servizos, a transferencia de tecnoloxía, a innovación social, a innovación ecolóxica, as aplicacións de servizo público, o estímulo da demanda, a interconexión en rede, as agrupacións e a innovación aberta a través dunha especialización intelixente, e mediante o apoio á investigación tecnolóxica e aplicada, liñas piloto, accións de validación precoz dos produtos, capacidades de fabricación avanzada e primeira produción, en particular, en tecnoloxías facilitadoras esenciais e difusión de tecnoloxías polivalentes, obxectivo específico 1.2.3 Fomento e xeración de coñecemento de fronteira e de coñecemento orientado aos retos da sociedade, desenvolvemento de tecnoloxías emerxentes, e actuación CPSO 1.2.3.2. Actividades de investigación e innovación para o desenvolvemento de proxectos estratéxicos público-privados: centros mixtos de I+D+i.
Intensidade das axudas: 30 % do orzamento da unidade mixta considerable subvencionable, cun máximo de 1.500.000,00 euros.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación no DOG e, se é inhábil, o primeiro día hábil seguinte.
Outros datos.
Poderase anticipar ata o 50 % do importe da subvención concedida para cada anualidade.
Santiago de Compostela, 31 de decembro de 2019
A directora da Axencia Galega de Innovación
P.A. (Resolución do 16.6.2014 da Presidencia da Axencia;
DOG núm. 127, do 7 de xullo)
Benito Fernández Rodríguez
Director da Área de Xestión