Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Martes, 18 de febreiro de 2020 Páx. 11426

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 29 de xaneiro de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifican as comunicacións de inicio do procedemento sancionador por infraccións das persoas beneficiarias de prestacións por desemprego do expediente 05/11/2019/2.1.E e de catorce máis.

Intentada a notificación persoal das comunicacións do inicio do procedemento sancionador por infraccións na orde social ditadas pola xefa territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula e de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese a efectuar estas notificacións por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) ás persoas interesadas que se sinalan no anexo, co contido sinalado no artigo 46 da mesma lei, quedando supeditada a súa eficacia á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, fáiselles saber ás persoas interesadas que segundo o disposto no punto 3, do artigo 37 bis, do Regulamento xeral sobre procedementos para a imposición de sancións por infraccións na orde social e para os expedientes liquidatorios de cotas da Seguridade Social, aprobado polo Real decreto 928/1998, do 14 de maio, dispoñen de quince (15) días hábiles seguintes ao da publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado (BOE), para presentar por escrito en calquera dos lugares recollidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as alegacións que consideren oportunas, documentalmente acreditadas, dirixíndoas á oficina de emprego que lle corresponda.

As persoas interesadas durante ese prazo poderán comparecer para efectos do coñecemento e constancia do texto íntegro da comunicación de inicio, ante as dependencias da oficina de emprego que corresponda das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen presentar alegacións en tempo e forma, ditarase a correspondente resolución por parte desta xefatura territorial, que dispón dun prazo de seis meses, desde a data do acordo, para notificar a resolución pertinente.

Lugo, 29 de xaneiro de 2020

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Persoa interesada

Nº expediente

Acto que se notifica

Concello

1

Alfredo Mario Rodrigues Jorge

05/11/2019/2.1.E

Inicio de procedemento sancionador

Sarria

2

Daniel Arias Tato

02/09/2019/2.1.E

Inicio de procedemento sancionador

Lugo

3

Daniela Arceo Ortega

12/11/2019/2.1.E

Inicio de procedemento sancionador

Guitiriz

4

Daniela Diaconu

26/12/2019/2.1.E

Inicio de procedemento sancionador

Guitiriz

5

Ernesto Franco Lorenzo

22/11/2019/2.1.D

Inicio de procedemento sancionador

Viveiro

6

Jonatan Folgueira Prieto

22/11/2019/2.1.D

Inicio de procedemento sancionador

Castro de Rei

7

José Manuel Vázquez Isturiz

05/11//2019/2.1.E

Inicio de procedemento sancionador

Sarria

8

José Ordas López

12/08/2019/2.1.E

Inicio de procedemento sancionador

Lugo

9

Nelu Soreanu

13/08/2019/2.1.E

Inicio de procedemento sancionador

Lugo

10

Raluca Andreea Luca

22/11/2019/2.1.D

Inicio de procedemento sancionador

Viveiro

11

Rocío Parada Pin

22/11/2019/2.1.E

Inicio de procedemento sancionador

Lugo

12

Salvador Cortiñas Montoya

04/11/2019/2.1.E

Inicio de procedemento sancionador

Lugo

13

Sonia López Doel

19/11/2019/2.1.D

Inicio de procedemento sancionador

Lugo

14

Vasilica Isaura Maghiran

11/11/2019/2.1.D

Inicio de procedemento sancionador

Viveiro

15

Yaiza Paz Vázquez

29/08/2019/2.1.E

Inicio de procedemento sancionador

Coruña, A