Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Martes, 18 de febreiro de 2020 Páx. 11428

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 4 de febreiro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican diversos expedientes sancionadores por infraccións das persoas traballadoras ou asimiladas, beneficiarias e solicitantes de prestacións por desemprego.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), co contido sinalado no artigo 46 da mesma lei, e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e despois de tentar a notificación persoal no domicilio que consta nos nosos arquivos, notifícaselles ás persoas traballadoras ou asimiladas, beneficiarias e solicitantes de prestacións por desemprego que se sinalan no anexo, as comunicacións de inicio ou resolucións do procedemento sancionador por infraccións na orde social. A seguir publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Para o caso de comunicacións de inicio do procedemento sancionador outórgaselles un prazo de quince (15) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando a documentación que consideren oportuna.

Para o caso de resolucións do procedemento sancionador a resolución sancionadora esgota a vía administrativa e poderase interpoñer, dentro do prazo de trinta (30) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, reclamación administrativa previa, conforme o previsto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social. Contra as resolucións das reclamacións administrativas previas en materia de prestacións da Seguridade Social que esgotan a vía administrativa cabe formular demanda perante o xulgado do social competente, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Para o coñecemento do texto íntegro do acto que se notifica e constancia deste coñecemento, a persoa interesada poderá comparecer, debidamente acreditada, na oficina de emprego que corresponda, de 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no citado artigo 44, parágrafo segundo, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 4 de febreiro de 2020

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Interesado/a (DNI/NIE)

Nº expediente

Acto que se notifica

Concello

45870964V

ME 6/19

Inicio procedemento sancionador

Melide

33271342W

CT 1/2020

Inicio procedemento sancionador

A Coruña

47374703B

CM 50/2019

Inicio procedemento sancionador

Cambre

36037282P

CM 51/2019

Inicio procedemento sancionador

Culleredo

33255530Z

SN 50/2019

Inicio procedemento sancionador

Teo

33235791D

BO06/2019

Inicio procedemento sancionador

Boiro

76966604W

BO07/2019

Inicio procedemento sancionador

Boiro

52453241Q

BO08/2019

Inicio procedemento sancionador

A Pobra do Caramiñal

45952136E

BO09/2019

Inicio procedemento sancionador

Rianxo

53480255B

BO10/2019

Inicio procedemento sancionador

Ribeira

X6843543P

BO11/2019

Inicio procedemento sancionador

Porto do Son

46292840G

SN40/2019

Inicio procedemento sancionador

Santiago de Compostela

78801211Z

SN41/2019

Inicio procedemento sancionador

Santiago de Compostela

34954035S

SN42/2019

Inicio procedemento sancionador

Santiago de Compostela

46093129W

SN43/2019

Inicio procedemento sancionador

Teo

76362896K

SN44/2019

Inicio procedemento sancionador

Negreira

Y4561862X

SN45/2019

Inicio procedemento sancionador

Santiago de Compostela