Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Martes, 18 de febreiro de 2020 Páx. 11432

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se acorda a remisión do expediente administrativo relativo ao recurso contencioso-administrativo PO 25/2020 contra a Resolución do 9 de decembro de 2019 pola que se desestima o recurso de alzada interposto fronte á Resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade pola que se aproba a lista definitiva de puntuacións obtidas polas persoas participantes no concurso público para a adxudicación de novas oficinas de farmacia e se convoca o acto de elección.

A Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela, un oficio polo que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo PO 25/2020 interposto por María Isabel Martín Herranz contra a Resolución do 9 de decembro de 2019 pola que se desestima o recurso de alzada interposto fronte á resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade pola que se aproba a lista definitiva de puntuacións obtidas polas persoas participantes no concurso público para a adxudicación de novas oficinas de farmacia e se convoca o acto de elección.

En consecuencia, esta secretaría xeral técnica acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e se lles empraza para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela no prazo de nove (9) días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2020

Alberto Fuentes Losada
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade