Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Luns, 17 de febreiro de 2020 Páx. 10757

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ORDE do 1 de febreiro de 2020 pola que se modifica a autorización do centro privado Afundación, da Coruña.

A titularidade do centro privado (CPR) Afundación, da Coruña, solicita autorización para impartir o ciclo formativo de grao superior (CS) Desenvolvemento de Aplicacións Web.

Logo de tramitar o expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Autorización de ensinanzas

Autorizar o ciclo formativo de grao superior (CS) Desenvolvemento de Aplicacións Web. O centro queda configurado como se sinala a seguir:

Denominación xenérica: centro privado (CPR).

Denominación específica: Afundación.

Código do centro: 15005270.

Domicilio: Rivadavia, 4.

Localidade: A Coruña.

Concello: A Coruña.

Provincia: A Coruña.

Titular: Fundación Galicia Obra Social.

Composición resultante:

• CS Administración e Finanzas (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).

• CS Asistencia á Dirección (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).

• CS Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).

• CS Desenvolvemento de Aplicacións Web (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).

Artigo 2. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no dito centro, así como o equipamento adecuado.

Artigo 3. Inscrición no Rexistro de Centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Modificación da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2020

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional