Primeiro. A Orde do 19 de xuño de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa do bono das persoas autónomas e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (Diario Oficial de Galicia número 124, do 2 de xullo), establece no seu artigo 5 que a concesión das subvencións previstas nesta orde estará suxeita á existencia de crédito orzamentario. De ser o caso, e de acordo co disposto no artigo 31.4 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, publicarase mediante resolución da persoa titular da Secretaría Xeral de Emprego o esgotamento das partidas orzamentarias asignadas.
Segundo. A Orde do 19 de xuño de 2019 establece no seu artigo 5 que a citada orde se financiará cos seguintes créditos:
Liña 1: aplicación orzamentaria 09.40.322C.470.6 cun crédito de 500.000 €.
Liña 2: aplicación orzamentaria 09.40.322C.770.0 cun crédito de 3.500.000 €.
Terceiro. Unha vez revisadas e ordenadas todas as solicitudes presentadas, a derradeira solicitude que se puido conceder da liña 2 antes do esgotamento do crédito, foi a TR341Q/2019/611-2 presentada na sede electrónica o día 9 de xullo de 2019 ás 16.20 horas.
En virtude do anterior, a persoa titular da Secretaría Xeral de Emprego, por delegación do conselleiro de Economía, Emprego e Industria,
RESOLVE:
Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do esgotamento do crédito con cargo á aplicación orzamentaria 09.40.322C.770.0, ao abeiro da Orde do 19 de xuño de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa do bono das persoas autónomas e se procede á súa convocatoria para o ano 2019, para a liña 2 con data do 9 de xullo de 2019 ás 16.20 horas.
Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2020
Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego