Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Venres, 14 de febreiro de 2020 Páx. 10481

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 30 de xaneiro de 2020 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción da senda na AC-424, puntos quilométricos (pp.qq.) 1+150-1+400 (O Couto), de clave AC/19/073.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto de referencia.

Antecedentes:

Mediante a Resolución da Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas do 30 de xaneiro de 2020 aprobouse provisionalmente o proxecto de construción da senda na AC-424, pp.qq. 1+150-1+400 (O Couto), de clave AC/19/073.06.

O artigo 6.2 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e o artigo 12.2 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia, determinan que os espazos destinados a sendas para peóns ou para a circulación de ciclistas teñan a consideración de elementos funcionais da estrada. Tendo en conta este precepto, a Xunta Galicia elaborou a Estratexia en materia de mobilidade alternativa de Galicia, entre cuxos obxectivos está o fomento dos sistemas de transporte alternativos aos motorizados que permitan minimizar as repercusións sobre o ambiente e os seus impactos sociais e económicos.

Este proxecto ten por obxecto a execución dunha senda peonil e ciclista continua por ambas as marxes da estrada AC-424, que fomente a mobilidade alternativa, mellore a seguridade viaria na contorna do núcleo do Couto e continúe a senda existente desde o núcleo de Ponteceso ata o p.q. 1+140, coas seguintes características:

1. Senda da marxe dereita da AC-424: inicia no p.q. 1+100 ata o 1+380.

2. Senda da marxe esquerda da AC-424: inicia no p.q. 1+140, dá continuidade á senda existente e remata no p.q. 1+378.

O escaso espazo dispoñible e a necesidade de executar a senda por ambas as marxes (por estaren ambas densamente poboadas) supón que se teñan que executar as seguintes actuacións complementarias:

1. Estreitamento da calzada existente na travesía do Couto: redúcese de 7 m a 6 m, mantendo as beirarrúas de 0,5 m.

2. Canalización da drenaxe da calzada e das marxes mediante un colector baixo as sendas.

3. Redución do largo das sendas ata os 1,5 m (1,2 m onde sexa necesario) para evitar a afección a vivendas e/ou peches con protección arquitectónica.

Outras actuacións complementarias para executar son:

1. A revisión da sinalización na contorna do p.q. 1+490 e da curva posterior.

2. A execución de zonas para aparcamento de vehículos na marxe dereita, entre os pp.qq. 1+300 e 1+340.

3. Reforzo do firme coa renovación da rodadura na zona de travesía, entre os pp.qq. 1+090 e 1+550.

Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e no artigo 50 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia, o mencionado proxecto de trazado sométese ao trámite de información pública durante un período de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial Galicia, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado.

Segundo. Que, simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento de expropiación forzosa, se somete á información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

Terceiro. A exposición ao público, para os efectos da presente resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas da Coruña (rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña), na Casa do Concello de Ponteceso (Concello 18, 15110 Ponteceso, A Coruña). Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade (https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/organizacion/c/CIV_Axencia_Galega_de_Infraestruturas), atópase á disposición dos interesados o documento completo do proxecto de construción.

Santiago Compostela, 30 de xaneiro de 2020

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega Infraestruturas

ANEXO

Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Proxecto de construción da senda na AC-424. pp.qq. 1+150-1+400 (O Couto), de clave AC/19/073.06

Concello de Ponteceso

Nº de orde

Ref. catastral

Titular

DNI

Tipo solo (PXOM)

Sit. básica solo

Uso

Sup.

construída

Sup. predio

Sup.

expropiada

Bens expropiados

Med.

Ud.

Descrición

1

7285514NH0878N0001JS

Cerdeiro Suárez, Eliseo (50 %)

***3612**

Urbano

Urbanizado

Solo sen edif. obras urb.

xardinaría, constr. ruinosa

---

725,00

725,00

37,92

Lema Pérez, María (50 %)

***3377**

2

728610NH0878N0001OS

Cancela Souto, Mercedes

(hros. de)

***9139**

Urbano

Urbanizado

Solo sen edif. obras urb.

xardinaría, constr. ruinosa

----

123,00

3,96

3

7287306NH0878N0001BS

Pondal Rial, María

***0500**

Urbano

Urbanizado

Residencial

333

874,00

874,00

82,24

1

Ud

Portalón metálico con piares

34,3

Ml

Muro de pedra

4

7188512NH0878N0001XS

Varela

Figueiras,

Ramón (hros.)

***4573**

Urbano

Urbanizado

Residencial

210

380,00

11,80

5

7087501NH0878N0001XS

Souto Mato, Manuel (50 %)

***1498**

Urbano

Urbanizado

Residencial

212

1.039,00

1.039,00

5,02

46,5

Ml

Peche vexetal

García

Martínez, Mª Asunción

(50 %)

***3813**