En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta secretaría xeral se acordou depositar o acordo de modificación dos estatutos da Asociación Sindical de Profesionais Técnicos do Espectáculo (Tesgal) por transformación a causa da modificación do seu réxime xurídico.
– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
– Ámbito profesional: poderán ser integrantes da asociación as persoas físicas que cumpran os requisitos recollidos no artigo 6 dos seus estatutos.
Asinantes: Alexandre González Rodríguez e Xabier Carnota Caneda.
Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2020
Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego