Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Mércores, 12 de febreiro de 2020 Páx. 9875

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Láncara

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan especial de infraestruturas e dotacións (PEID).

Aprobado inicialmente o Plan especial de infraestruturas e dotacións (PEID) para a integración das infraestruturas ferroviarias e conexións coa trama urbana do Concello de Láncara, que afecta o ámbito 33.698 m2, mediante acordo do Pleno do concello, en sesión extraordinaria realizada o día 30 de decembro de 2019, de conformidade co artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e co artigo 186.1.a) do seu regulamento, sométese a información pública durante o prazo de dous meses, contados desde a publicación no Diario Oficial de Galicia.

O contido do PEID estará á disposición na sede electrónica deste concello https://lancara.sedelectronica.gal.

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera persoa interesada nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes ou obter copias.

Quedan suspendidas as licenzas naqueles ámbitos do territorio cuxas novas determinacións supoñan modificación da ordenación urbanística vixente.

As áreas afectadas son as seguintes:

– Solo urbano consolidado, residencial aberto 505,46 m2.

– Sistema xeral de equipamento 3.207,86 m2.

– Sistema xeral espazos libres ZV 4.929,05 m2.

– Sistema xeral de comunicacións 15.619,30 m2.

– Sistema local de espazos libres e zonas verdes 4.535,10 m2.

– Viario local 4.902,17 m2.

Láncara, 20 de xaneiro de 2020

Darío A. Piñeiro López
Alcalde