Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Mércores, 12 de febreiro de 2020 Páx. 9876

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oímbra

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan especial de infraestruturas e dotacións para residencia da terceira idade.

Despois de ser aprobado inicialmente o 27 de xaneiro de 2020 polo Pleno do Concello de Oímbra o Plan especial de infraestruturas e dotacións para residencia da terceira idade en Oímbra, de conformidade co artigo 75 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e co artigo 186 do seu regulamento, sométese a información pública durante o prazo de dous meses, contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal calquera persoa interesada poderá examinar o expediente na Secretaría municipal, en horario de oficina, e formular as alegacións que considere procedentes nun escrito dirixido á Alcaldía.

Oímbra, 6 de febreiro de 2020

Ana Mª Villarino Pardo
Alcaldesa