Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Martes, 11 de febreiro de 2020 Páx. 9505

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 202/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 202/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Águeda Romero Rodríguez contra Adolfo Fragoso Gómez y otros, S.C., Juan Manuel Fragoso Gómez, Adolfo Fragoso Gómez e Fogasa, se ditaron as seguintes resolucións, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Auto:

Maxistrada xuíza: Ana María Souto González.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2019.

Parte dispositiva:

Dispoño: despachar orde xeral de execución do título indicado a favor da executante Águeda Romero Rodríguez fronte a Adolfo Fragoso Gómez y otros, S.C., Juan Manuel Fragoso Gómez, Adolfo Fragoso Gómez e Fogasa, parte executada.

De conformidade co disposto no artigo 280 da LXS e conforme o solicitado na demanda executiva, a letrada da Administración de xustiza sinalará data para vista do incidente.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se deberá interpoñer no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da/s infracción/óns cometida/s na resolución, cumprimento ou incumprimento de presupostos e requisitos procesuais exixidos e/ou oposición á execución despachada nos termos previstos no artigo 239.4 da Lei reguladora da xurisdición social, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A maxistrada. A letrada da Administración de xustiza.

Decreto:

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2020.

Parte dispositiva:

Acordo:

1. Aclarar a dilixencia de ordenación ditada con data do 16.1.2020 nos seguintes termos:

No parágrafo onde di:

«Recibida cédula de notificación do auto e dilixencia do 26.11.19 ao executado Adolfo Fragoso Gómez con resultado negativo, suspéndese a comparecencia sinalada para o día 20.1.20 e, consultada para ese efecto pola letrada da Administración de xustiza a axenda de sinalizacións deste órgano xudicial, sinálase novamente para a celebración da comparecencia o próximo día 14.2.2020, ás 12.30 horas. As partes deberán comparecer na sala de audiencias nº 1 deste xulgado, sito na rúa Berlín, s/n, 15707 Polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, con todos os medios de proba de que intenten valerse».

Debe dicir:

«Recibida cédula de notificación do auto e dilixencia de data 26.11.19 ao executado Adolfo Fragoso Gómez con resultado negativo, suspéndese a comparecencia sinalada para o día 20.1.2020 e consultada para ese efecto pola letrada da Administración de xustiza a axenda de sinalizacións deste órgano xudicial, sinálase novamente para a celebración da comparecencia o próximo día 17.2.2020, ás 12.30 horas, debendo comparecer as partes na sala de audiencias número 1 deste xulgado, sito na rúa Berlín, s/n, 15707 polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, con todos os medios de proba de que intenten valerse».

Permanecerá a dilixencia de ordenación inalterada en todo o demais.

Contra este decreto non cabe interpoñer recurso ningún, sen prexuízo do que puidese interpoñerse fronte á resolución completada.

A letrada da Administración de xustiza.

E para que sirva de notificación en legal forma a Adolfo Fragoso Gómez, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza